Mesa redonda sobre Antonio Rodríguez Fraiz

63

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: 20 h.

Entrada: libre, ata completar aforo.

Con motivo de terse cumprido o centenario do seu nacemento en Santa Mariña de Tomonde (Cerdedo), o Museo organiza para o 7 de maio unha mesa redonda na que se analizarán diversos aspectos da vida e da obra do que foi asiduo colaborador Antonio Rodríguez Fraiz, coñecido como O cura de Campañó por ser esta parroquia pontevedresa onde desenvolveu por máis tempo o seu labor pastoral.

No acto, que, con entrada libre, comezará ás 20:00 h no Sexto Edificio e estará presidido pola deputada de Cultura Ana Isabel Vázquez Reboredo, participarán o alcalde de Cerdedo Silvestre José Balseiros Guinarte, o biógrafo de Rodríguez Fraiz José Manuel Cabada Álvarez, o director do Museo do Pobo Galego Carlos García Martínez e o director do Museo de Pontevedra Xosé Carlos Valle Pérez