Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Hora: de 08:30 a 14:30 h.
O sector enerxético está intimamente relacionado coa sustentabilidade xa que se vén amosando nas últimas décadas que o crecemento económico, o consumo enerxético e os impactos ambientais que conlevan discorren de forma paralela e proporcional.
Para avanzar cara a un futuro sostible resulta fundamental acadar un equilibrio que favoreza o crecemento con menores custos enerxéticos implicados minimizando deste xeito o impacto sobre o medio.
Por outra parte, dada a enorme dependencia enerxética na que se sustenta a sociedade actual, as medidas para aplicar no ámbito enerxético deben ser compatibles con tres principios fundamentais: competitividade, seguridade de abastecemento e protección ambiental.
Obxectivo da xornada:
– Mostrar as múltiples alternativas coas que contamos actualmente para deseñar escenarios enerxéticos sostibles.
– Iniciar un debate desde unha aproximación prospectiva sobre o binomio enerxía-medio ambiente.
– Analizar os diferentes aspectos da realidade enerxética galega, así como os diferentes escenarios esperados.
– Analizar cómo lle afectará a normativa actual e en proxecto á industria enerxética galega.