Santos morcegos!! Volven os 15 bolos!!

112

As concellarías de Festas e Xuventude volven colaborar por segundo ano consecutivo para pór en marcha o proxecto 15 bolos. Ao igual que o pasado ano, trátase de que os grupos novéis da cidade teñan un oco na programación das festas do verán. Pero un oco moi importante! Xa que doce grupos poderán tocar na semana grande das Festas da Peregrina nas céntricas prazas do Teucro e da Verdura, e un teloneará un dos concertos da praza do Concello.
Os grupos interesados en participar poderá cubrir o formulario colgado no blog do local de música até o 9 de maio. A continuación os grupos escolleraos un xurado cuxa participación é aberta e participaran grupos do ano pasado na selección. O método será mediante puntuacións numéricas sobre categorías preestablecidas e mediante o consenso das persoas que formen ese xurado.
O Local dá a opción a que se apunten grupos que xa tocaron en 2012 e tamén grupos de Pontevedra no que non ensaien no Local.
Ademais dos requisitos musicais, é preciso ter máis de 16 anos e alomenos un membro do grupo debe estar empadroado en Pontevedra.

Para máis información http://localdemusicapontevedra.nos.gl