“Camiño de historias”, por Migallas Teatro

75

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: 12 h.

Co gallo desta celebración, o venres 17 de maio, ás 12:00 h, terá lugar unha función do espectáculo "Camiño de historias", dirixido ó público infantil, a cargo do grupo de teatro Migallas, a desenvolver no salón de actos do Sexto Edificio, cunha duración dunha hora.

Trátase dun espectáculo constituído por varias historias de tradición oral procedentes de diversos continentes e enlazadas mediante cancións e ditos populares.

Cada relato é tratado dun xeito diferente combinando a narración con técnicas de expresión plástica e dramática. Así, pois, nuns prima a palabra, noutros, as imaxes e noutros recupérase a arte dos actores e contadores ambulantes das feiras de antano.

Malia ser tradicionais, os contidos que tratan estas historias son actuais e próximos ós nenos e ás nenas: os rapaces consentidos polos pais, o afán de posuír xoguetes e lambonadas, o ritmo das estacións e o ciclo da vida, a importancia da música e da festa, etc.

As cancións e os ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.