Do balcón da Casa Consistiral colga dende esta mañá a pancarta en solidariedade cos afectados polas preferentes e subordinadas, tal e como se recollía no acordo de todas as forzas políticas municipais aprobado no pleno extraordinario do luns, 6 de maio.
Na pancarta pódese ler: “Contra o saqueo de Galiza. Preferentes e subordinadas, solución xa”.
No acto estiveron presentes afectados por este productos financieiros vendidos por Caixanova e Caixa Galicia, que estaban manifestándose nese momento diante da Subdelegación do Goberno.
O alcalde afirmou que “os afectados polas Preferentes e Subordinadas son o detonante desta mobilización e son os doblemente afectados, pero eu creo que está afectada toda a sociedade por estas medidas económicas que nos están levando a un callexón sen saída”. O alcalde aproveito a oportunidade para “facer chamamento a toda a cidadanía para que apoie, aposte e defenda unas políticas ecónomicas distintas e que aos afectados lle defendan os seus aforros”.
Dianto da obra de teatro de Ben veñas, maio
Pola súa banda, o profesorado da Xunqueira I acordou adiantar ás 18.00 horas a representación teatral da programación Ben veñas, maio prevista para este vernes, 10 de maio, para que non coincida coa hora da manifestación convocada polo alcalde, ás 20.30 horas, de tal xeito que as persoas que queiran asistir o fagan se maior problema.
A Concellaría de Normalización Lingüística que colabora na programación do Ben veñas, maio agradece o esforzo e a colaboración do profesorado.