Pontevedra leva o seu modelo de cidade a Munich

74

Pontevedra estará representada o vindeiro mes de setembro no Congreso internacional sobre mobilidade peonil Walk21 que este ano celebrarase na cidade alemana de Munich (en pasadas edicións celebrouse en Cidade de México, Vancouver…).

Pontevedra foi unha das cidades seleccionadas para expoñer o seu modelo de cidade a un auditorio mundial, e foi escollida de máis de 3.000 propostas que chegaron á organización. Para participar o pasado mes de febreiro o Concello enviou un resumo da ponencia, asinado polo alcalde.

O Congreso celebrarase entre o 11 e o 13 de setembro.

Ver documento PDF