CONCURSO “ATOPA O ERRO”. Programa “Maio Mes da Lingua 2013”

38

Bases do concurso "Atopa o Erro!", sobre a lingua no comercio de Pontevedra, organizado polo CCU Zona Monumental.

· Hai que atopar a palabra trabucada ou mal escrita, “o erro”, entre as que se amosan nos establecementos colaboradores, anotalo no espazo deste díptico e indicar tamén a súa forma correcta e o establecemento onde se atopa.

Os boletos cubertos, con vinte ou máis palabras correctas, deberán de ser depositados no establecemento Ernesto Filgueira, na praza de Méndez Núñez nº 17, ou na Droguería Moderna, na praza de Curros Enriquez nº 8, até o sábado 18 de maio de 2013.

· Categorías: – Mozos, até 18 anos. – Maiores, máis de 18 anos.

· Premios: Os premios sortearanse entre os acertantes de cada categoría: – Mozos: unha bicicleta. – Maiores: un circuíto de spa para dúas persoas.

· O sorteo terá lugar o martes  21 de maio, ás 11 h, no Concello de Pontevedra.