Lugar: Teatro Principal
Hora. 21:00 h.
Xira galega de presentacións das “Miniaturas musicais de Granell”. A posta en escena destas Miniaturas musicais de Granell recorda o surrealismo pero non intenta imitalo.
Os artistas dialogan co pasado dende o presente e fannos gozar del con todos os sentidos. Orixinalidade, virtuosismo e sinceridade son as principais características desta proposta musical.
Espectáculo musical organizado pola Central Folque e o Centro Galego de Música Popular.