Melloras dun espazo de estacionamento na rúa da Seca

83

A Concellaría coordinadora do ámbito urbano, que xestiona Luís Bará está a realizar nestes días varios traballos de acondicionamento na rúa da Seca. Trátase de mellorar dun espazo de estacionamento que na actualidade está en xabre e que será asafaltado, e a instalación de iluminación pública.
A zona de estacionamento son uns 50 metros cadrados, que dá servizo aos veciños e a servizos, e está transversal á rúa da Seca. Esta mellora permitirá o aparcamento duns 20 coches.
O proxecto complétase coa instalación de iluminación pública neste ámbito.
Estes traballos están incluídos dentro do contrato de mantemento e mellora de espazos públicos urbanos.