Patrimonio do Estado consultará co Concello o futuro do edificio de San Francisco

68

A Dirección xeral de Patrimonio do Estado, dependente do Ministerio de Hacienda, estudará a proposta que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores lle trasladou esta mañá sobre o edificio de San Francisco: que sea transferido a outra administración, ben ao Concello ben á Deputación, mantendo a súa titularidade pública. Patrimonio do Estado se comprometeu a non facer nada e consultar co Concello o futuro do edificio.
O concelleiro César Mosquera resumiu esta mañá o contido da prolongada reunión que mantivo o alcalde en Madrid. Explicou que na Dirección xeral eran conscientes de que o Concello fixo esforzos para ceder terreos ao Ministerio para o novo edificio da Axencia Tributaria, e eran coñecedores de que no seu día se negociou transferir o edificio de San Francisco ao Concello.
Segundo manifestou, ao Ministerio escapábaselle a catalogación de protección patrimonial monumental do edificio, e as súas dificultades urbanísticas, que o alcalde lles aclarou a través dun informe urbanístico.
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera asegurou que o Concello só recalificará o edificio mentres sexa público, e non o fará se cambia a súa titularidade a privado “porque historicamente, o Concello de Pontevedra non o fixo nunca”.