Vén coñecer os Camiños escolares, mañá, nunha xornada informativa no Pazo!

59

O Pazo da Cultura acolle mañá pola tarde, a partir das 16.30 horas, unha xornada informativa sobre o Camiño escolar que o Concello vai a pór en marcha en toda a cidade no vindeiro curso. Esta xornada é un paso máis dentro da campaña que iniciou a Concellaría de Protección Cidadá e a Policía Local durante os pasados meses mantendo sucesivas reunións coas direccións dos centros e os representantes dos pais e nais dos centros da cidade que se integrarán dende setembro nesta iniciativa.
Na xornada de mañá preténdese informar e solventar dúbidas sobre o Camiño escolar, a toda a comunidade escolar, pero tamén á cidadanía en xeral, explicando os beneficios de que os nenos vaian sos aos colexios.
A xornada estará moderada polo intendente principal da Policía Local: Daniel Macenlle, e participarán:
• Jeanne Picard, de Stop Accidentes Galiza
• María Sintes, do Centro Estatal de Educación Ambiental (CENEAM)
• Eva Muíño, presidenta do Colexio de Psicólogos de Galiza
• Carme da Silva, concelleira de Proteción Cidadá

Ver documento PDF