Volve abrir o parque infantil da Corva, en San Brais, logo da súa renovación integral

40

Os veciños de Salcedo poderán gozar do parque infantil da Corva, no lugar de San Brais, dende hoxe mesmo. A Concellaría delegada da parroquia, que xestiona Demetrio Gómez, realizou un arranxo integral desta área infantil, que é unha das máis empregadas polos nenos da parroquia, nestas semanas o que obrigou a pecharla. Unha vez rematada está previsto que ao longo da xornada de hoxe volva a abrirse para uso dos máis pequenos.
Os traballos consistiron nun arranxo integral deste espazo coa reparación ou substitución dos elementos de xogo, limpeza e desinfección da area do parque para que estea en óptimas condicións de cara ao verán, estación na que estas áreas infantís son máis empregadas.
A Concellaría quere agradecer a colaboración dos veciños –especialmente dos máis pequenos, principais prexudicados- durante os días que o parque estivo pechado. Os traballos de arranxo remataron onte pola tarde, e está previsto que ao longo da xornada de hoxe xa estea operativo.