“El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable”. Luis Piedrahita

68

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 17 €. Entradas á venda en www.servinova.com

“El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable”, é un espectáculo de monólogos escrito e interpretado por Luis Piedrahita. Neste espectáculo o rei das cousas pequenas xoga coas palabras, coas súas e coas do público, improvisando coas súas suxestións e deixándoos participar. Este mago das palabras volve subir aos escenarios para levarnos a ese mundo seu tan peculiar e divertido.