XX aniversario de Protección Civil

77

A Agrupación Municial de Protección Civil de Pontevedra cumple vinte anos de servizo cidadá. Co fin de festexar este aniversario, está previsto un pequeno programa de actividades co fin de presentar o traballo dos voluntarios da agrupación durante estes anos.

Este venres, 17 de maio, as instalacións de Protección Civil, situadas nos baixos do campo de Pasarón, acollerán unha xornada de portas abertas en horario de 11h a 19h. Os visitantes poderán coñecer a importante labor desempeñada pola agrupación de voluntarios. Estará exposto material, medios, maquinaria e tamén unha mostra fotográfica de momentos da agrupación durante estes vinte anos de existencia.


O sábado día 18, ás 11:30 da mañá, celebrarase un acto oficial de celebración desta efemérides na que intervirán o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Agrupación, Hermenegildo Novoa. Durante este acto entregarase recoñecementos a Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Bombeiros pola estreita colaboración coa agrupación durante estes vinte anos.

Asimesmo está previsto facer un recoñecemento público ao Concello pola colaboración indispensable durante todos estes anos, ao igual que aos traballadores municipais responsábel do parque Móbil e o encargado do grupo de electricistas municipais.

Para finalizar o acto, será entregada unha nova Unidade Acuática á Agrupación Municipal de Protección Civil de Pontevedra.