Acordo entre o Concello e Palleiros para a xestión da canceira

77

O alcalde de Pontevedra e a Asociación Palleiros asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a xestión da canceira. O alcalde agradeceu "o esforzo desinteresado por manter a canceira municipal. É fundamental, porque de non haber persoas con vontade de facer este servizo, sería moito máis custoso para os cidadáns".

Aproveitando a sinatura do convenio, o alcalde fixo un chamamento á responsabilidade dos país, dos nenos, das familias, dos cazadores para que non abandonen aos animais. "Todo o mundo é responsable da súa mascota, xa que non debe cargar a sociedade a súa irresponsabilidade".

Fernández Lores explicou que o Concello está a ultimar o proxecto da mellora substancial das instalacións de Campañó cun investimento de máis de 200.000 euros que permitirá a redistribución de espazos e a mellora xeral da canceira, que ten necesidades imperiosas.