O Concello amplía o espazo público en Tomeza coa parcela municipal a carón da igrexa

71

O Concello de Pontevedra inicia mañá o acondicionamento da parcela municipal situada ao carón da igrexa de Tomeza, que terá un uso diverso para a parroquia. Trátase dunha demanda dos veciños de Tomeza, tratada nos Consellos parroquiais, que servirá para ampliar o espazo de esparcemento e lecer dos veciños neste lugar central da parroquia, onde se desenvolven grande parte das actividades.
Os traballos, que terán un custe duns 50.000 euros, faranse por fases debido ás necesidades da obra. Inicialmente está prevista a limpeza e explanación de toda a parcela, onde tamén se actuará na demolición dunha das vivendas situadas nela (á máis moderna). Esta primeira fase dos traballos rematará coa explanación e achega de xabre a toda a parcela.
Será necesario deixar a parcela durante uns meses nesta situación para que acompactación do xabre sexa a adecuada. A continuación está prevista a urbanización da parcela coa acometida da rede de augas pluviais, asfaltado, e outras actuacións para deixala en perfecto estado de uso e disfrute dos veciños, nesta zona principal da parroquia.
Una das prioridades do Concello neste mandato é o acondicionamento dos espazos nos lugares centrais das parroquia, aqueles que soen ser de reunión e encontro dos veciños, como pode ser este caso na parroquia de Tomeza.