Lugar: Casa das Campás
Horario: de 19:30 a 21:30 h.
Prezo: de balde, con inscrición na Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (horario de inscrición de 09 a 14 h). Casa Azul – r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 100 185 (ext. 7491/2) xuventude@pontevedra.eu | xuventude.pontevedra.eu | www.facebook.com/xuventudepontevedra. Actividade dentro do programa municipal de formación para o emprego "Pisando Forte 2013". 60 prazas.
Espazo para o intercambio de experiencias profesionais e empresariais que subsisten a pesar das dificultades actuais. Exporanse os mecanismos de adaptación e procesos de cambio experimentados para dar resposta ás dificultades, así como os aspectos positivos como é a liberdade, a satisfacción persoal e a oportunidade de participar nun proceso de cambio social; porque é necesario quebrar as marxes do sistema e colaborar para sairmos adiante.
Interveñen:
· Tagen Atta Lingua e Comunicación, Sociedade Cooperativa Galega.
· Illa Bufarda, Produtora creativa.
· Ángel Acuña Paz experiencia de formación na Berklee College of Music.
· Biochousa, Horta de cultivo ecolóxico.
· Asociación Galega de Software Libre.
Falarán:
· Luis Alberto Fernández, Xerente de Agasol.
· Hermindo Álvarez, Biochousa.
· Adriana Pérez Villanueva e Sabela Iglesias, de Illa Bufarda.
· Xavier Sánchez Pazos, socio cooperativista de Tagen Ata.
· Ángel Acuña, músico.
· Parella Teatral, actuación "Emprendo logo existo".