“Alicia no país das marabillas”

49

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra

Hora: 18:30 h.

Entrada de balde, ata completar aforo.

Fantástica recreación para marionetas baseada no relato de Lewis Carroll Alice’s Adventures in Wonderland.Conducidos polo Coello Branco, seguiremos con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e  fantástico que late debaixo da terra.Alí merendaremos coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Tolo e o Leirón. Xogaremos ao cricket coa Raíña de  Corazóns e ¡coidado Alicia! ¡estás a medrar de novo e caeremos todos polo chan!.

Destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos.