A Feira Franca 2013 estará adicada aos inventos

39

O Consello Aberto da Feira Franca reuniuse onte pola tarde para valorar a pasada edición e ir perfilando a vindeira que se celebrará o 6 e 7 de setembro. Neste encontro ao que asistiu a practica maioría dos colectivos e asociacións que participan neste Consello aberto, acordouse a temática deste ano estará adicado aos inventos da época.
Na reunión fíxose unha valoración moi positiva da pasada organización cun bo funcionamento de todos os protocolos e dispositivos de seguranza, a situación e decoración dos postos e establecementos participantes, entre outras moitas cousas.
O Consello acordou por unanimidade trasladar unha felicitación a todos os departamentos municipais e empresas colaboradoras coa Feira (Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, concesionaria do lixo…)  polo bo traballo realizado. Tamén acordou por unanimidade non modificar o ámbito de celebración da Feira Franca para non devaluar a calidade da festa e a participación.
Dende a Concellaría de Festas, a concelleira Carme da Silva informou ao Consello de que o Concello aínda non ten coñecemento oficial de que a Feira Franca fose declarada Festa de Intersete Turístico de Galiza.
Ademais, o Consello acordou adicar a vindeira Feira Franca aos inventos da época, dado que no caso de Galiza e de Pontevedra, en concreto, existían moitos relacionados coa mellora dos sistemas de navegación.