A Xunta decide non construír o colector do Gafos

61

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá con malestar e preocupación a decisión unilateral da Xunta de Galicia de non acometer o saneamento da parroquia de Tomeza e do río Gafos ao renunciar a executar a obra que tiña un orzamento de 1,2 millóns de euros. O Concello de Pontevedra participou esta mañá na reunión de seguimento do convenio asinado entre Xunta e Concello, cun compromiso de achega de 10 millóns de euros (7 da Xunta e 3 do Concello) para o saneamento do rural.

O proxecto de saneamento do Gafos viviu moitas visicitudes no último ano e medio, e o proxecto estaba parado porque a Xunta alegou que tiña que revisalo, logo de ser licitado e adxudicalo. Na reunión desta mañá o Concello coñeceu que se renuncia a executar esta obra (só se farán pequenos arranxos en Tomeza) e se destinarán estes cargos a elaborar un estudo sobre a situación xeral da ría de Pontevedra.

O Concello estudará xuridamente esta decisión unilateral da Xunta que está a incumprir un convenio, e exisirá a execución desta obra vital para o saneamento definitivo do río Gafos, a eliminación de pluviais para a estación depuradora e o saneamento de parte da parroquia de Tomez.