Casazul pon en marcha a I Escola de doentes

39

A Concellaría de Benestar Social Municipal pon en marcha mañá, venres 24 de maio, a I Escola de Doentes, incluído dentro do programa Hedra, que ten por obxectivo consolidar o tecido social do Concello de Pontevedra impulsando e favorecendo o movemento asociativo que atinxe ao eido do benestar social.
A petición do Colectivo de Afectados de Fibromialxia (CAF), a I Escola de Doentes pretende fomentar un espazo de achegamento para doentes crónicos, familiares e profesionais de xeito que se poidan intercambiar puntos de vista, escoitar e respostar ás diversas necesidades de información, formación e coñecemento, construíndo un espazo aberto para a xeración e intercambio de experiencias e sentimentos.
Pilar Pazos, presidenta do CAF, referiu o común “vacío” sentido polos enfermos de doenzas crónicas e a soidade sentida por cada un deles nos momentos posteriores ó diagnóstico.
Para paliar esta situación, a Casazul organiza unhas didácticas conferencias, impartidas por profesionais e coñecedores destas doenzas, cun carácter bidireccional e de diálogo continuo:
• 24 de maio ás 20h
Sala Valdecorvos da Casazul
“Control do estrés”
Poñente: Juan Luis González, psicólogo da Casazul
• 31 de maio ás 20h
Sala Valdecorvos da Casazul
“Quen cuida ao cuidador”
Poñente: Asociación Acolle, representada por Celina
• 7 de xuño ás 20h
Sala Valdecorvos da Casazul
“Perspectiva da saúde e da enfermidade na sociedade”
Poñente: Francisco José Vizoso, xefe de Epidemioloxía

• 14 de xuño ás 20h
Sala Valdecorvos da Casazul
“O doente e outros doentes”
Poñente: Ángela Paz, doente de fibromialxia
• 21 de xuño ás 20h
Sala Valdecorvos da Casazul
Parladoiro aberto: os asistentes poderán compartir experiencias, manifestar peticións, suxestións, ou solventalas súas dúbidas.