Noites Abertas pecha a súa XIV Edición este sábado cunha gran festa final

58

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, presentou esta mañá a Festa Final de Noites Abertas, que se celebrará o sábado 18 a partir das 16.30h na Praza de Curros Enríquez.
A decimocuarta edición deste extenso programa de actividades xuvenís desprende polo momento unha avalación “moi positiva”, segundo declaracións do concelleiro: “Os participantes ascenden ata o de agora aos 4.118. Na edición anterior, os asistentes foran 3.702”.
Estes mozos e mozas tiñan maioritariamente entre 17 e 25 anos, feito que evidencia unha correcta liña de traballo por parte do Concello, xa que “as persoas novas non habitúan participar nas actividades municipais”.
Para esta derradeira actividade, Demetrio Gómez espera unha asistencia masiva acorde a esta exitosa edición. A partir das 16.30h, a Praza de Curros Enríquez acollerá exhibicións de danza, batukada, bailes, malabares participativos e coro moderno. Actuarán tamén os grupos musicais Voltage, Skirl, La casa de los ingleses, Gonzalo Arca, Nagai, e os DJ’s Attention Whore e Sho Kenke.
Ademáis, os asistentes poderán participar na realización do primeiro Harlem Shake colectivo pontevedrés con música en directo; serán proxectados os vídeos producidos nas Telenoites e o filme “Mesa para cuatro” en dous pases.
Este festival, que rematará ás 00.00h, é de balde como todas as actividades de Noites Abertas e non precisa de inscripción previa. A relación pormenorizada de actividades para a Festa Final de Noites Abertas é:
Concertos
• Voltage: 18h
• Skirl: 18.45h
• La casa de los ingleses: 19.30h
• Gonzalo Arca: 21.10h
• Nagai: 22.05h
• DJ's (Attention Whore e Sho Kenke): 17h e 22.50h

Exhibicións

• BATUKADA 17:00 e 19:15
• BAILES LATINOS 20:00
• MAXIA 20:50
• MALABARES 22:50

Actividades
• HARLEM SHAKE 16:30
• MESA PARA CATRO 19:30 e 21:30
• PASES DE TELENOITES TODA A TARDE