Reunión do xurado dos 15 bolos para as Festas do verán

70

O Local de ensaio celebra esta tarde unha reunión do xurado dos 15 bolos, para coñecer a opinión dos grupos e de todas as persoas que colaboran co local sobre as bandas que se presentaron (máis de 30) para participar no 15 bolos, os concertos de grupos noveis da cidade incluídos no programa de festas de verán.
As conclusións e a información que recollerá este xurado será trasladado á Concellaría de Festas que será a encargada de decidir os grupos que participarán nas Festas do verán, dado que son os técnicos especializados neste tipo de eventos de masas e coñecen a programación de verán que se está a ultimar.