Volve a mellor oferta lúdica xuvenil do verán das mans de Ponteverán

38

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, presentou esta mañá a edición de 2013 do programa de lecer e tempo libre Ponteverán. As actividades que o conforman serán celebradas nos meses de xullo e agosto, e están destinadas a mocidade de entre 8 e 30 anos.
A colaboración de 16 empresas e asociacións pontevedresas fixo posible aumentar este ano as prazas dispoñibles a máis de 700, un centenar máis que na anterior edición. Estas acollerán obradoiros formativos, actividades culturais e deportivas, así como campamentos para os máis cativos.
Por vez primeira, a oferta de Ponteverán 2013 é de balde, parella ó obxectivo de ofertar á mocidade e a infancia de Pontevedra un programa educativo e lúdico accesible a todos e a todas. As iniciativas de pago son subvecionadas polo Concello, reducindo sustancialmente o custo final das actividades.
As inscripcións poderán ser realizadas na Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra, Casa Azul, no teléfono 986 100 186 ext. 7492 e no enderezo electrónico xuventude@pontevedra.eu.
O campamento de tempo libre en Mouriscade contará excepcionalmente cun periodo de pre-inscripción que abrague os días 4 e 7 de xuño, e é o único que ten custe (de 80 euros).
Asimesmo, a inscripción ás actividades do Club de Piragüismo Río Verduxo de Ponte Sampaio deberán realizarse no propio clube.

Ver documento PDF