Roteiro guiado Pazo da Cultura – Illa do Covo

65

O Pazo da Cultura quere dar a coñecer dous espazos culturais e emblemáticos da nosa cidade: O complexo arquitéctónico do Pazo da Cultura e Recinto Feiral e a Illa do Covo, máis coñecida como Illa das Esculturas.

Para este proxecto consistente en dúas quendas de roteiros guiados, contará con dous irmáns: Santiago e Itziar Ezquieta. Con saída da porta principal do auditorio ás 11:00 horas e ás 17:00 horas realizarse o seguinte percorrido:

1. Pazo da Cultura/ Recinto Feiral: Inaugurados no 1997 e 1998, proxectados baixo a dirección do arquitecto Manuel de las Casas, Premio Nacional de Arquitectura, constitúen un lugar de encontro e proxección cultural: Feiras, mostras, concertos, teatro, exposicións. Percorreremos nesta fase, guiados polo arquitecto Santiago Ezquieta os recunchos menos coñecidos destes espazos, aos que o público non ten accesos habitualmente.

Da man de Antón Sobral, realizaremos tamén un breve percorrido pola exposición “Nova York, Viena, Milán Pontevedra”, que se clausura ese mesmo día.

2. Illa do Covo: A Illa do Covo, coñecida por case todos polo nome de “Illa das Esculturas”, é un espazo natural e de lecer que convive cunha instalación pública permanente de esculturas de doce artistas de renome internacional. Un proxecto único, que mestura con gran beleza e dinamismo arte e natureza.

Recomendamos aos/ás asistentes que o fagan coas súas cámaras de fotos, xa que se eleborará un proxecto no que as túas imaxes serán as protagonistas.

O acceso a esta actividade é gratuíto e só require a realización dunha inscrición previa, facendo chegar o impreso debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico comunicación@pazodacultura.org o chamando de 08:00h. a 14:00 horas ao 986 833061.

+info. www.pazodacultura.org