A investigación da toponimia do rural trasládase a Cerponzóns

34

Chamámonos así, o proxecto da Concellaría de Normalización Lingüística que busca a recuperación da toponimia dos lugares do rural pontevedrés, dá un paso máis esta semana trasladando as súa investigación ás parroquias pendentes: Cerponzóns, Lérez, Alba, Campañó, Bora, Ponte Sampaio e A Canicouva.
Esta mesma tardiña, reunirase o Consello parroquial de Cerponzóns para coñecer o proxecto e as persoas que traballan nel. Mañá reunirase o Consello parroquial de Alba.
O proxecto ten un evidente valor patrimonial e etnográfico que facilitará o traballo interno entre os servizos do Concello de Pontevedra e tamén a consulta externa por parte de investigadores, veciños ou todas as persoas interesadas nestes eidos. Non ten relación coas actualizacións catastrais.