Arranca a segunda edición do Banco de libros de texto coa reunión cos centros de ensino

36

A Concellaría de Benestar Social Municipal mantivo esta mañá unha reunión cos centros de ensino do concello que participarán na segunda edición do Banco de libros, que arranca hoxe coa información trasladada aos responsables dos centros e das anpas.
As peticións que se fan nesta edición son libros de terceiro de Primaria en diante (tamén Bacharelato e FP). A Concellaría ten coñecemento de que este aínda se producirán cambios de libros nalgúns centros, de todos os xeitos se recollerán porque puideran servir para outros colexios.
Moitas anpas de centros de ensino fan este traballo dende hai anos, polo que a maioría aceptou coordinarse co Concello para realizar un traballo conxunto. Polo tanto, nestes centros de ensino serán as anpas as que recollan os libros e no resto, serán os propios colexios quenes o fagan.
A Concellaría acordou centralizar en Casazul este labor, tanto de entrega como de recollida.
A Concellaría procurará que a maoría dos libros estean repartidos no mes de xullo, aínda que se fagan recollidas e se completen lotes no mes de setembro. A Concellaría de Benestar pasará por todos os centros de ensino o 28 de xuño para recoller tanto os libros donados como as peticións das familias.
Na reunión desta mañá estaban presentes representantes de: CEIP A Carballeira, CEIP Barcelos, CEIP Cabanas, CEIP Campolongo, CEIP San Martiño, CEIP Marcón, CEIP Marcos da Portela, CEIP Santo André de Xeve, CEIP San Benito de Lérez, CEP Xunqueira II, CEIP Xunqueira I, CEIP Ponte Sampaio, CEIP Álvarez Limeses, IES Xunqueira II, IES Sánchez Cantón, IES Valle Inclán, IES Frei Martín Sarmiento, CEIP Manuel Vidal Portela. Aínda que esta mañá non pudieron acudir pero confirmaron a súa participación no banco do libros, foron os centros: CEIP Froebel (a través da Anpa), CEIP Príncipe Felipe, CEIP Vilaverde-Mourente, IES Gonzalo Torrente Ballester e IES Luís Seoane.