Encontro lingüístico de 98 estudantes de Pontevedra e Noia

56

Pontevedra acolle mañá o intercambio  lingüístico que organizan os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos CEIP da zona norte de Pontevedra: Campañó, Lérez e Xeve, unha actividade que está incluída dentro da programación de Maio, mes da lingua. Este ano o encontro é co CEIP Felipe de Castro de Noia (A Coruña), ao que xa visitaron os centros de Pontevedra o pasado 28 de maio.
O programa da visita mañá en Pontevedra é a seguinte:
• 11.15 h. Centro histórico: visita guiada polos profesores de Pontevedra para os escolares de Noia.
• 11.15 h. visita dun grupo do alumnado de Pontevedra ao CITA
• 12.10 h. visita doutro grupo do alumnado de Pontevedra ao CITA
• Desde as 11.15 h, na praza de Santa María: actividades de convivencia coa busca do tesouro e coñecemento da arte e do patrimonio dos  centros de Pontevedra que participan no intercambio
• 13.50 h, na praza do Concello: encontro dos 46 alumnos/as de Noia e dos 52 de Pontevedra
• 14.00 h,  no Concello: recepción do alcalde a todo o alumnado que participa no intercambio lingüístico
• Xantar en Cotorredondo e visita á Mámoa do Rei
• Pola tarde visita ao Castelo de Soutomaior, guiados polos seu profesorado.

A Concellaría de Normalización Lingüística colabora na organización desta actividade, xa  que entre os obxectivos que promove o intercambio destacan:
• Crear contornos de uso para que os rapaces e rapazas falen galego fóra do ámbito educativo, establecendo novas relacións en galego.
• Coñecer outros xeitos de falar o galego e valorar a riqueza da lingua a través das variedades lingüísticas.
• Asociar o uso do galego ao contorno urbano.