Non te perdas as festas de verán!

28

A concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou esta mañá a programación de festas de verán de Pontevedra, que se celebrarán entre xullo e setembro e acollerán máis de 200 actividades gratuitas para tódalas idades e gustos.
Na configuración do programa foi buscada, ademáis dunha heterodoxia cultural, a “creación do ambiente festivo nas rúas” que revitaliza a nosa cidade nos meses más calurosos do ano.
Máis de 140 agrupacións musicais e teatrais amenizarán os días estivais coas súas interpretacións e concertos, das que 120 son de orixe galega. Segundo declaracións da concelleira Carme da Silva, as festas son un perfecto escenario para grupos do país que representan a nosa cultura e producen obras e temas musicais de grande repercusión.

Xullo e Agosto
Música de bandas galegas
Banda de Música de Salcedo
Banda de Música de Sanxenxo
Coral Polifónica de Salcedo
Coral Liceo de Noia
Banda de Música de Pontevedra
Banda Xuvenil de Salcedo
Banda Xuvenil da Artística de Merza
Concerto da Banda de Música de Salcedo Performance Pablo Méndez
Banda Cultural Salceda de Caselas

Xoves, 11 de xullo, Romaría de San Bieito de Lérez
12h: Mexilloada popular na praia fluvial do Lérez
Gaiteiros das Rías Baixas
Aturuxo pequeño

Venres, 12 e sábado 13 de xullo, Praza da Ferrería
XIV Memorial Ricardo Portela. Homenaxe ao gaiteiro Xan de Campañó.
Mantéñense as novidades do pasado ano: eliminación do concurso de
música.

Do mércores 17 ao luns 22 de xullo, Praza do Teucro e Praza da Ferrería
XXI Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra. Presenta importantes novidades en relación á dar cabida nos concertos grandes da Ferraría a músicos galegos, dada a súa traxectoria e colaboración cos grandes músicos internacionais.

Do mércores 24 ao venres 26 de xullo, Festas de Santiaguiño do Burgo

Do mércores 24 de xullo ao domingo 28 de xullo
Cinema na Lúa: Proxección de películas para tódolos públicos

Do luns 29 de xullo ao venres 2 de agosto, na Praza da Verdura e do Teucro
15 Bolos: Concertos de grupos locais organizados coa colaboración da
Concellería de Xuventude e o Local de Ensaio, que están na selección dos
grupos.

Do martes 6 ao xoves 8 de agosto
IV Festival Internacional de Animación de Rúa “Itineranta’13”: Realizado polas prazas e rúas do centro histórico, será protagonizado por grupos de animación galegos, vascos, cataláns, valenciáns…

Do sábado 10 ao domingo 18 de agosto

Festas da Peregrina
Programación infantil
Do martes 30 de xullo ao venres 2 de agosto, Animatrón 2013
Martes 13 de agosto, Batalla de flores
Martes 13 de agosto, Brincabolechas
Do 12 ao 18 de agosto, Praza do Teucro (escenario xa consolidado como centro neurálxico da programación infantil durante as festas)
Barafunda Animación Preséntame un Paiaso
Quintelo Pentafonía + Seis Dedos Hansel e Gretel

Praza da Ferrería do 12 ao 18 de agosto
Luns 12 ás 21h: Concerto man a man da Banda de Música de Pontevedra e a banda de Música de Salcedo
Martes 13 ás 22:30h: Concerto da banda de Música de Pontevedra Noite de Boleros
Mércores 14 ás 21h: Festival de Corais
Xoves 15 ás 21h: Festival de Corais
Venres 16 ás 21h: Vocal Tempo
Sábado 17 ás 21h: Quempallou + Trébede
Domingo 18 ás 21h: Demostración de baile de salón

Praza de España do 10 de agosto ao 18
Sábado 10 de agosto. 22.30h Actuación de Mago de Oz
Domingo 11 de agosto 22.30h Concerto La Guardia e La Frontera
Luns 12 de agosto 22.30h Concerto Festa 40 Principales “World Dance Music Hot Mix”
Martes 13 agosto. Festival infantil: Brincabolechas
Mércores 14 de agosto. 22.30h Concerto Son de Seu + Fiadeiro
Xoves 15 de agosto – Santa María. 22.30h Concerto de Berrogüeto
Venres 16 de agosto. 22.30h Concerto de Malú
Sábado 17 de agosto. 22.30h Concerto de Auryn
Domingo 18 de agosto. 22.30h Concerto de Paloma San Basilio

Venres 23 de agosto, Praza do Teucro
XIII Festa do Demo: Foliada do Demo con: Abóbriga e Os Chichisos.

Venres 30 e sábado 31 de agosto, Festival Brinca na Praza (Teucro)
Festival de rock galego coas actuacións de Zënzar, Foxy Freire e Güimtervan

Venres 6 e sábado 7 de setembro, XIV Feira Franca adicada aos inventos

Outras actividades:
Do 14 de xuño ao 1 de setembro. Exposición “Do Final e do Comezo 2013”
Do 15 de xullo ao 20 de agosto. XV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea
Do 18 de xullo ao 20 de agosto. Feira de artesanía e deseño “Chalana”
Do 10 ao 18 de agosto. XXIII Feira do Mel

Unha premisa fundamental da Concellaría de Festas é a gratuidade de tódalas actividades programadas para garantir que os cidadáns, sexa cal sexa a súa situación económica, podan acceder a unha oferta lúdica e cultural ampla e de calidade. Esta decisión impide ao Concello acceder a algunhas subvencións públicas como ás da Agadic, que ogrigan a ter billeteira para os espectáculos.