Comeza o simposio Represaliadas e resistentes

51

O Concello de Pontevedra, por medio das concellarías de Cultura e Patrimonio Histórico, inaugura mañá o simposio Represaliadas e resistentes sobre a represión franquista contra as mulleres. Serán mañá e o sábado en sesións de mañá e tarde, e terán o seguinte programa:

Venres 7 de xuño 
• 16.30 h. Recepción de participantes 
• 17 h. Acto de apertura 
• 17.15h. Conferencia de apertura: Carmen Blanco: "Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación". 
• 18.00h. Andrés Domínguez Almansa: Presentación dos resultados do proxecto Nomes e Voces. Represión e muller. 
• 18.30h. Coloquio 
• 19.15 h. Mesa redonda coa participación de Amalia Bóveda Álvarez, Concha Nogueira, Elvira Varela Bao e Melania Castro Nieto.   
Sábado 8 de xuño 
• 10.30 Julio Prada: Franquismo e represión de xénero en Galiza 
• 11.30 Ana Cebreiros. “Mujeres para España”. A Sección Femenina de Falange.  Coloquio 
• 13 h Xosé Álvarez Castro: a represión contra as mulleres en Pontevedra 
• 17 h Luis Bará e Carme Vidal: Políticas públicas da memoria en Galiza (2005-2009). Mulleres con memoria. 
• 17.45 h Victoria Martins: Galegas nos cárceres franquistas 
• 18.30 Coloquio 
• 19.15 h Conferencia de clausura: Aurora Marco. Galegas na resistencia antifranquista.   

A iniciativa é unha resposta ao novo tempo de silencio decretado polo Goberno galego a partir de 2009 e un chamamento sobre a necesidade de seguir recuperando a memoria oculta e silenciada. Neste sentido, o Concello de Pontevedra salienta o pulo que recibiron os traballos de investigación e divulgación sobre esta materia (publicacións, audiovisuais, exposicións) no período 2005-2009 e a importancia de darlle continuidade malia os atrancos de todo tipo.
Ademais de render homenaxe ás mulleres represaliadas, o Concello de Pontevedra tamén procura con esta programación recoñecer publicamente o compromiso de asociacións culturais e historiadoras, e investigadores que seguen mantendo vivo o facho da memoria e da xustiza para as mulleres represalidas e resitentes. Serán, precisamente, dúas das que máis se teñen significado nesta andaina, Carmen Blanco e Aurora Marco, quen pronuncien as conferencias de apertura e clausura do simposio que se vai celebrar en Pontevedra os días 7 e 8 de xuño. 
Programación de actividades para o mes de xuño de 2013 
A programación comeza este mes e terá continuidade no vindeiro curso con actividades en centros culturais de barrios e parroquias e en centros de ensino medio. Para o mes de xuño tamén está previsto previsto: 
• Presentación do audiovisual As silenciadas. Mulleres na resistencia antifranquista, de Pablo Ces. En centros de ensino e centros culturais de barrios e parroquias no mes de xuño. Voltarase a programar a partir de setembro. 
o Venres 14 de xuño ás 20 horas no Centro social do Gorgullón 
o Martes 18 de xuño ás 20 h no centro social Pontevedra Leste 
o Martes 25 de xuño no centro social de Cabanas-Salcedo
• Exposición Vermellas, no vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura a partir do 6 de xuño. Poderá visitarse por grupos de escolares de secundaria e bacharelato. 
• Roteiro homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes. Venres 28 de xuño ás 20 horas, guiado por Xosé Álvarez Castro. Saída desde a praza do Concello.