A cidade de Pontevedra finalista no X Premio Xornalística de Seguridade Vial Línea Directa

64

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, asisten mañá á entrega do X Premio xornalístico de seguridade viaria, Línea Directa, emplazado no Teatro Real de Madrid ás 20.00 horas. Estes galardóns premian o compromiso adquirido coa seguridade viaria e as condutas preventivas promovidas polos medios de comunicación, así como os proxectos e iniciativas nados da labor de institucións, entidades ou personalidades. É nesta categoría onde o Concello de Pontevedra opta a este galardón.
O Concello de Pontevedra, finalista na categoría honorífica, é valorado pola súa reforma urbana que “mellora drasticamente os principais indicadores de mobilidade urbana, entre eles o de seguridade vial”.
A creación de infraestruturas para unha mobilidade sostible (peatonalizacións, reducción das calzadas, melloras da iluminación, pasos sobreelevados…) sumadas a outras medidas como a limitación da velocidade urbana a 30 km/h, o fomento do uso da bicicleta ou o sistema de camiños escolares, configuran a única nominación dun concello na presente edición dos premios Línea Directa.
Asimesmo, son finalistas na categoría a Asociación Española de la Carretera (AEC) e o Centro Nacional de Educación Medioambiental (CENEAM).
As categorías de prensa, radio, televisión e solidario, albergan múltiples nominados a nivel nacional, tales como La Sexta Noticias, Telemadrid, TVE, Onda Cero, COPE, El País, Muy Interesante…
O xurado encargado de outorgar os galardóns está composto por profesionais do eido vial e comunicativo, tales como María Seguí (Directora Xeral de Tráfico), Pedro Guerrero (Presidente de Bankinter), Mar Cogollos (Directora de AESLME), Matías Prats (Periodista), Flavia Rodríguez (Directora Xeral de Seguros e Fondos de Pensións), Iñaki Gabilondo (Periodista), María del Pilar González (Presitenda de UNESPA), Bieito Rubido (Director de ABC), Vicente Jiménez (Director Adxunto de El País) e Noelia Camacho (Periodista de Telecinco e gañadora da categoría de Televisión na IX edición do Premio Periodístico de Seguridade Vial Línea Directa.

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF