A peonalización de Benito Corbal, este ano

61

O pleno municipal do vindeiro luns aprobará unha modificación de crédito de 3 millóns de euros, dos cales arredor de 160.000 euros destinaranse ao proxecto de peonalización de Benito Corbal.

Segundo explicou o concelleiro Luís Bará, a previsión é poder acometer esta obra este mesmo ano, e para o vindeiro quedará estender o modelo de prioridade peonil ás rúas de Daniel de la Sota, Castelao, Sagasta e Cruz Gallástegui, debido á demanda importante de comeciantes e residentes nestes ámbitos.

O tratamento en todo este ámbito será a creación dunha plataforma única priorizando o tráfico peonil, semellante a rúas como Michelena. Esta decisión tamén obrigará a reordenación do tráfico no que xa traballa a Policía Local.