“Pisando forte” celebra hoxe unha xornada sobre o emprendemento na Casa das Campás

56

A Casa das Campás acolle esta tarde, a partir das 19.30 horas,  “Outro emprendemento é posible”, unhas xornadas organizadas pola Concellaría de Xuventude, que dirixe Demetrio Gómez, que teñen por obxectivo mellorar as condicións da xente nova de cara a súa inserción laboral.
Nun espazo común para o intercambio de consellos e experiencias, os conferenciantes aportarán novas ferramentas para dar resposta aos atrancos actuais do sistema co fin de incentivar o emprendemento.
Interveñen no encontro corporacións que subsisten fronte ás adversidades económicas: A Sociedade Cooperativa Galega Tagen Atta Lingua e Comunicación; a produtora creativa Illa Bufarda, Ángel Cuña Paz: experiencia de formación na Berklee College of Music; Horta de Cultivo Ecolóxico Biochousa; e a Asociación Galega de Software Libre. Clausurará á xornada unha actuación teatral: “Emprendo, logo existo”.
O encontro empresarial e profesional comeza ás 19.30h e terá unha duración aproximada de dúas horas.