O Concello arranxa as pluviais no lavadoiro da Carballeira, en Lourizán

58

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana traballos de arranxo das augas pluviais na zona do lavadoiro do lugar da Carballeira, na parroquia de Lourizán. O concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez explicou que se trata dun espazo de encontro veciñal, dado que é un punto de referencia da parroquia que precisa desta actuación pequena, pero moi importante, para que o lugar quede en óptimas condicións de cara ao verán.
Ademais, esta intervención, que poderá estar rematada nuns días, a canalización de pluviais permitirá ao espazo soportar mellor as inclemencias climatolóxicas no inverno.