O sábado, día da adopción de mascotas

65

O Concello de Pontevedra en colaboración coas protectores de animais da cidade: Palleiros, Adopcións Galicia e Difusión felina organizan este sábado, 15 de xuño, o día da adopción a partir das 11.00 horas na praza de Ourense. Trátase dunha actividade incluída dentro da programación Yes, we can organizada pola concellaría que xestiona Miguel Filgueira.

Trátase dunha xornada de carácter informativa sobre a adopción de mascotas (cans e gatos), voluntariado, donativos… Tamén farase unha charla demostración de cans asistenciais, e tamén estarán abertos a adopcións.