Obra teatral de Roberto Vidal Bolaño mañá, para pechar Maio, mes da lingua

54

A programación de Maio, mes da lingua, remata mañá, 14 de xuño, a programación desta edición coa obra de teatro Ladaíñas pola morte do meco, de Roberto Vidal Bolaño. Será a partir das 20.30 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.
Esta obra estará interpretada polo grupo de teatro Argallada, do IES Valle Inclán, e está organizada pola Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra e colabora o Pazo da Cultura.