Noites Abertas superou os 5.000 participantes e constata un relevo xeneracional

59

A Concellaría de Xuventude mantivo esta semana unha reunión de avaliación cos colectivos, entidades e asociacións que integraron a programación de Noites Abertas 2013. Con carácter xeral, fíxose unha valoración moi positiva dos datos de asistencia, tamén nas vacacións de Semana Santa porque era unha novidade nas Noites Abertas e só había unha instalación aberta.
A organización destaca o relevo xeneracional na programación de Noites Abertas e tamén considera un éxito que a maior parte dos mozos participen nestas actividades por lecer e por coñecer a outras persoas, tendo en conta que de non ser así estarían a facer outras actividades.
Noites Abertas celebrouse durante 13 fins de semana, con 90 actividades diferentes (243 sesións) e nas que participaron 121 monitores. Colaboraron 18 asociacións, 15 colectivos de mozos/as, presentáronse 24 propostas individuais e participaron 14 empresas.

Os datos de participación foron:
• Participación total: 5.152 (4.202 no 2012)
• Media de participación por fin de semana: 396 (263 no 2012)
• Fin de semana con máis participación: 2a (542)
• Fin de semana con menos participación: 6a (153)
• Semana Santa (Froebel): 153 participantes

Participación mensual:
• FEBREIRO: 348  (2 Xornadas) Participación por xornada: 174 persoas
• MARZO: 1770 (11 Xornadas) Participación por xornada: 161 persoas
• ABRIL: 1480 (8 Xornadas) Participación por xornada: 185 persoas
• MAIO: 1554 (6 Xornadas) Participación por xornada: 259 persoas
O dato global por mes está distorsionado polo número de xornadas, xa que hai meses con máis fins de semana. Polo tanto, se se analisa o número de participantes por xornada nótase un aumento progresivo ao longo do programa. Tamén se detectou que nas últimas sesións acudían persoas que participaban por primeira vez a Noites Abertas.

A participación segundo a actividade foi:
• Festa final  1034
• Fútbol 7  436
• Fútbol sala  414
• Baile latino  244
• III Xornadas de manga e anime  213
• Pequenos actos pseudorrev.  173
• Long board  131
• Torneo de fútbol sala  120
• Coiro  112
• Esgrima e loita escénica  109
• Maxia e ilusionismo  85
• Cociñas do mundo  84
• Patinaxe  82
• Defensa persoal-Hapkido  80
Segundo se tratou na reunión de avaliación de Noites Abertas, este dato ten unha importancia relativa porque o número de participantes depende do deseño da actividade: é evidente que poden participar máis persoas nun partido de fútbol que nunha sesión de masaxe. En total suman 3.298 persoas, o 64% do total.

Actividades que completaron a súa oferta por riba dun 80%:
• A horta no teu balcón
• Fotografía baixo as estrelas
• Automaquillaxe básica
• Furoshiki
• Cestaría tradicional
• Galletas decoradas
• A cociña de Frida Khalo
• I Torneo de Magic the
• Cociñas do mundo
• Gathering
• Coiro
• Long board
• Defensa persoal
• Masaxe tailandesa
• Elaboración de marmeladas
• Perfumes vexetais
• Elaboración de xabóns
• Reciclaxe creativa
• Esgrima e loita escénica
• Taichí
• Fimo
• Tiro con arco
Para a organización, este dato é moito máis significativo que o anterior porque se refiere a cada actividade e compara en base a porcentaxes. Resalta que son 22 actividades diferentes e de carácter moi variado (24'4%).
Con estes datos a organización determinará os puntos fortes e febles das actividades propostas (nomes da actividade, mocidade á que vai destinada, instalación na que se desenvolve, data…), e permite de cara á vindeira edición reconducir ou replantexar a proposta.

Perfil dos usuarios de Noites Abertas:
• MOZAS  47'96%
• MOZOS  52'04% (as actividades de fútbol son as que fan que incremente este dato).

• 12-17 anos 20'52%
• 18-25 anos 54'77%
• 26-30 anos 24'71%
Nótase un relevo xeracional en Noites Abertas posto que se van incorporando persoas novas cada edición. É de especial relevancia que o grupo maior sexa o de 18 a 25 anos, o que, en xeral, máis recela das institucións públicas e menos participa nas actividades que propoñen.

Concellos de procedencia:
• Pontevedra 64'20%
• Limítrofes 17'18%
• Outros 18'63%

Motivacións para asistir:
• Lecer 43'93%
• Aprender 37'17%
• Coñecer xente 13'94%
• Outros 4'96%
Por vez primeira aparece o ítem “lecer” por diante de “aprender”, polo que vemos que se vai conseguindo o obxectivo de que este programa vaia collendo un sitio na oferta de ocio da noite de Pontevedra. Isto vese reforzado se lle engadimos o ítem “coñecer xente” (total, 57'87%). A este respecto tamén é significativo que o 65% dos e das participantes indican que de non estaren en Noites Abertas estarían noutras actividades de lecer (“de copas”, con amizades, vendo a televisión, durmindo . . . ).

Valoración dos participantes
• Moi ben 66'19%
• Ben 30'45%
• Regular 2'72%
• Mal 0'64%