Parques repara o parque infantil da desembocadura do Gafos

57

A Concellaría de Parques e Xardíns inicia o luns a reparación do parque infantil da desembocadura do río Gafos, no barrio de San Roque. Trátase dunha intervención que permitirá reparar, repoñer e acondicionar todos os elementos do parque infantil, que por mor dos anos e do tempo esgotaron a súa vida útil.
Nalgúns casos é preciso retirar os elementos, pero noutros trataranse e repararanse para que estean en perfectas condicións de uso de cara o verán. Durante a duración destes traballos, a área infantil permanecerá pechada para evitar perigos aos máis pequenos, e para que os operarios poidan traballar con maior rapidez e comodidade.
A Concellaría de Parques quere pedir desculpas aos veciños que empregan este parque infantil –especialmente aos máis pequenos, principais usuarios-, a diario polo seu peche, e confía en poder reabrilo no prazo duns días.