Saída da Praza de España (diante do edificio do concello).
Hora: 17 h.
Itinerario: Praza de España – Praza do Teucro – Parque Rosalía de Castro – Praza de San Xosé.
A riqueza dos monumentos da cidade de Pontevedra esconde unha interesante mostra de natureza petrolóxica. Aos materiais autóctonos utilizados para a construción dos edificios tradicionais máis emblemáticos sumáronse outros de máis recente adquisición. Esta rota, permitiranos ver con outros ollos a paisaxe urbana pontevedresa. Redescubriremos a cidade a través das súas rochas.
Interese litolóxico, mineralóxico e arquitectónico. Grao de dificultade: baixo. Duración: 2 h. aproximadamente.
Inscripción previa na oficina de Medio Natural do Concello de Pontevedra, teléfono 986 100 185 ext: 7584.
Organizado por Olho de Sapo Geocultural Services en colaboración coa oficina de Medioambiente Natural do Concello de Pontevedra. +info. no teléfono 609 792 258 e en olhodesapo@olhodesapo.com