O Local social Pontevedra Leste acolle esta tarde a proxección de As silenciadas

74

No marco da programación Represaliadas e residentes, esta tarde, a partir das 20.00 horas, o novo Local social Pontevedra Leste (rúa A Estrada/praza da Cítara, fronte ao Sagrado Corazón), acollerá a proxección do documental de Pablo Ces e Aurora Marco As silenciadas (Historias de mulleres represaliadas na posguerra).
Este documental tamén se proxectará o vindeiro martes, 25 de xuño, no Local social de Cabanas, na parroquia de Salcedo, a partir das 20.00 horas.
Tamén incluída nesta programación, está aberto no vestíbulo do Pazo da Cultura, até o 22 de xuño, a exposición Vermellas, sobre a represión franquista contra as mulleres en Galiza.
E o venres 28 de xuño a partir das 20 horas, con saída desde a praza do Concello, terá lugar o roteiro homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes, guiado por Xosé Alvarez Castro.