Aberto o prazo de solicitudes para a Feira Franca

75

Xa están dispoñibles os formularios para participar nos xantares e ceas, no mercado e para a hostalaría de cara a próxima edición da Feira Franca, que se celebrará o 6 e 7 de setembro.

Estas solicitudes dispoñibles en www.feirafranca.info poderanse entregar do venres 17 de xuño ao 17 de xullo na oficina da Feira Franca na rúa Alfonso XIII (ao caron da Biblioteca), en horario é de 10 a 14 h.