“Marx no Soho”. Monólogop teatral

32

Lugar: Centro Social Revira.

Hora: 22 h.

Prezo: 5 € (3 € para socios/as).

Monólogo teatral “Marx no Soho”, de Howard Zinn, versión en galego de Pepe Sendón.

Despois de moito protestar, un comité de ultratumba permítelle a Karl Marx volver ao mundo dos vivos durante unha hora. Un erro burocrático provoca que o seu espírito apareza en Santiago, materializándose nun anónimo transeunte.

Marx volve para limpar o seu nome e deixar as cousas claras. Vén disposto a falar das súas ideas e de como foron mal interpretadas. Da súa vida: persecución e desterro, penurias no Soho, traxedias familiares, libros, erros, debates sobre o que foi o comunismo, o que non foi e o que ha de ser. Moitas cousas que contar e pouco tempo para falar. Tempo abondo, aliás, para descubrir que entre a actual crise e os días que Marx viviu, a humanidade non cambiou tanto.