Talleres de verán para nen@s

71

Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia. Café Moderno.

Horario: de 10 a 13 h.

Talleres e obradoiros para nen@s de diferentes idades, que achegarán aos máis cativos, a través do xogo e a diversión, ao mundo da arte, do teatro,  da animación dixital, etc. +info. e inscrición no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

· Obradoiros de Máscaras e Artes Plásticas. 2, 3 e 4 de xullo ou, se che ven mellor, 16, 17 e 18 de xullo. Prazas: 15. Prezo: 15 €. Dirixido a nen@s de entre 3 e 6 anos. Xogar, imaxinar, aprender, colorear e actuar. Un taller de 9 horas, onde os máis pequenos da casa poderán aprender máis cousas sobre os seus personaxes favoritos, os animais.

· Obradoiros de animación por ordenador. 9, 10 e 12 de xullo ou, se che ven mellor, 29, 30 e 31 de xullo. Prazas: 15. Prezo: 25 €. Dirixido a nenos de entre 7 e 11 anos. O pasado da  animación será o punto de arranque dun taller onde a creatividade e a imaxinación combinadas coas novas tecnoloxías darán lugar á realización dun pequeno curto. Interacción social, empatía, traballo en equipo e aprendizaxe para un taller didáctico, divertido e educativo.