“Yo, Quevedo”, con Moncho Borrajo

65

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 21 h.

Prezo: dende 20 €. Entradas á venda en www.servinova.com e no teléfono 902 504 500.

Moncho Borrajo presenta "Yo, Quevedo", como unha volta máis de rosca, despois de corenta anos de estar no mundo do espectáculo.

Nunha loucura de versos de antes e de agora, Moncho Borrajo é e non é Quevedo, depende do momento e da persoa que o visita ou que o atenda no escenario, ben sexa unha enfermeira, un monxe ou unha cortesá teatreira.

O público poderá gozar da escatoloxía máis "quevediana" e do enxeño da improvisación ao máis puro estilo do Século de Ouro español.

Nesta nova produción teatral, Moncho Borrajo rodéase de grandes profesionais. Conta, pois, cunha coidada posta en escena na que participaron algúns dos máis prestixiosos nomes no deseño do vestiario, da iluminación e da escenografía. A música é orixinal, composta e gravada para esta función.

Carlos Latre, recoñecido actor e humorista, participa nesta comedia, poñendo as voces de numerosos personaxes.

Déixense sorprender. El intentarao en todas e cada unha das súas funcións como sempre fixo durante estes anos, nos que o público lle referendou día a día cos seus aplausos.