Obradoiros de verán no Museo de Pontevedra

94

Nos meses de xullo e agosto desenvolveranse no Museo de Pontevedra tres obradoiros gratuítos pensados para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

+info. en www.museo.depo.es

· Obradoiro de cerámica. Os nenos e nenas experimentarán co modelado do barro e realizarán diferentes obxectos tanto utilitarios como artísticos de diferente envergadura e dificultade que posteriormente se levan a cocer para concluír así o proceso e podelos levar ós seus fogares. Nen@s de 5 a 8 anos (de 10 a 12 h.), do 1 ao 5 de xullo e do 15 ao 19 de xullo. Nen@s de 9 a 12 anos (de 10 a 12 h.), do 8 ao 12 de xullo e do 22 ao 26 de xullo.

· Escola de piratas: tras as pegadas de Benito Soto. Os rapaces achegaranse a esta controvertida figura do pirata da Moureira a través dos fondos documentais, gráficos e bibliográficos que posúe o Museo de Pontevedra, ao tempo que realizarán actividades creativas inspiradas na imaxe romántica dos piratas literarios. Nen@s de 5 a 8 anos (de 10 a 12 h.), do 1 ao 5 de xullo. Nen@s de 9 a 12 anos (de 10 a 12 h.), do 15 ao 19 de xullo.

· O mar desde a pintura. A través de diferentes técnicas pictóricas os rapaces achegaranse dunha forma lúdica e pedagóxica ó tema da vida mariña aprendendo a súa importante repercusión na cultura galega. Neste obradoiro traballarase con artistas como Francisco Lloréns, Urbano Lugrís ou Manuel Torres. Nen@s de 5 a 8 anos (de 10 a 12 h.), do 5 ao 9 de agosto. Nen@s de 9 a 12 anos (de 10 a 12 h), do 19 ao 23 de agosto.