Unha nova edición da Festa da anguía o 6 e 7 de xullo

30

O Concello de Pontevedra volve a apoiar, un ano máis, á Festa da anguía de Ponte Sampaio que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de xullo, na Xunqueira de Ponte Sampaio. A festa foi presentada esta mañá no transcurso da sinatura do convenio de colaboración que firmou o alcalde e o presidente da Asociación de naseiros Alvedosa, que compromete unha achega económica para a celebración da festa.

Como novidades desta edición, está a eliminación do pregoeiro pero mantense a oferta gastronómica da festa: anguía frita con pementos de padrón; guisada con chícharos; en escabeche e en empanada. As racións de empanada serán a 3 euros, e o resto a 6 euros tendo en conta que se sirve con bebida, pan e levaránse a cunca de barro.