“Mientras duermes”. Ciclo “Cinema na Lúa”

78

Lugar: Praza de Pedreira

Hora: 23 h.

Proxección do filme español “Mientras duermes", dentro do Ciclo “Cinema na Lúa”, organizado polo Concello de Pontevedra.

Xénero: suspense, terror.

Sinopsis: César (Luis Tosar) é o porteiro dun edificio de apartamentos e non cambiaría este traballo por ningún outro, xa que lle permite coñecer a fondo os movementos, os hábitos máis íntimos, os puntos débiles e os segredos de todos os inquilinos. E todo sen levantar ningunha sospeita. E a nova veciña do 5º B (Marta Etura) non deixa de sorrir. Entra e sae cada día radiante e feliz, chea de luz. Así que pronto se converterá no novo obxectivo do xogo de César.