Realizado o tratamento de choque no cedro do ambulatorio

60

O departamento de Parques e Xardíns realizou nesta semana o tratamento fitopatolóxico para salvar o cedro do ambulatorio, tal e como se ver no propio exemplar. Cabe lembrar que o departamento detectoulle un ataque severo dun fungo (diploide phineas) que afecta ás coníferas.
O tratamento consistiu na aplicación de funxicidas por vías externas e internas do exemplar (endoterapia) para acabar co ataque. Trátase dun fungo saprófito que se detecta, entre outros elementos, por un amarronamento do exemplar e por un marchitamento. Aparécenlle úlceras en tallos e brotes, e implica a caída das follas.
Segundo os técnicos do departamento de Parques e Xardíns, as causas do ataque hai que buscalas no duro inverno pasado, con moitas chuvias e temperaturas –relativamente- elevadas, unhas condicións climatolóxicas moi favorecedoras para a reproducción deste tipo de fungos.