Sinte Pontevedra estuda esta fin de semana a riqueza litolóxica da arquitectura urbana

63

A Concellaría de Medio Ambiente celebra esta fin de semana dúas actividades incluídas dentro da programación “Sinte Pontevedra” pensadas para gozar e divertirse na Xunqueira de Alba, ao tempo que se dá a coñecer a riqueza desta paraxe natural situada en pleno centro da cidade.
Mañá, sábado, 22 de xuño está programado una anelamento de aves. Trátase dunha actividade teórico-práctica sobre o anelamento científico de aves silvestres, a relación das aves co medio no que viven e diferentes tipos de hábitats no Enil Xunqueira de Alba. Veremos como se realiza un anelamento científico, desde os métodos de captura ata a toma de datos e posterior posta en liberdade. A actividade comezará ás 09.00 horas e o punto de encontro é o sendeiro despois de ponte Magueiro (xunto ao cartel).
O domingo, 23 de xuño, a partir das 11.00 horas, comezará  a actividade Pontevedra en rochas, que pretende dar a coñecer a riqueza dos monumentos que a cidade de Pontevedra esconde: unha intersante mostra de natureza petrolóxica. Aos materiais autóctonos utilizados para a construción dos edificios tradicionais máis emblemáticos sumáronse outros de máis recente adquisición.
Grazas a esta actividade, que se plantexa como unha ruta polo centro urbano da cidade, poderase ver con outros ollos a paisaxe urbana pontevedresa e redescubriremos a cidade a través das súas rochas. Está pensada como unha actividade de interese litolóxico, mineralóxico e arquitectónico.