O Local social de Cabanas acolle a proxección de As Silenciadas

46

A Concellaría de Patrimonio Histórico continúa esta semana coas actividades incluídas dentro do programa Represaliadas e resistentes, que rematará o venres co roteiro guiado por Xosé Álvarez Castro.
Hoxe, a partir das 20.00 horas, está previsto a proxección de As Silenciadas (Historias de mulleres represaliadas na posguerra) de Pablo Ces, no Local social de Cabanas.
O venres, 28 de xuño, ás 20.00 horas celebrarase o roteiro homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes guiado por Xosé Álvarez Castro. A saída está prevista dende a praza do Concello.